![]() |
Soplos de magia, Angie Vanessita. |
Pode ser que soñara contigo, mais non era a primeira volta. Sempre fuches ti, mentras eu te buscaba niles. Agochabas o teu corpo pra non facerme dano. Non sempre foi así. Nalgún momento descobrías a túa cara nos meus desvelos, nunca quixen mirarte aos ollos porque sabía quen eras.
Lúas e lúas desfacendo tempestades sen chegar a tocalas túas mans. Baleira de tactos e caricias.
É curioso como nos soños todo é moito máis sinxelo: só tiña que deixarme levar naqueles corpos incompletos pra que apareceras ti. Muller de area, sopro de maxia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario