sábado, 8 de agosto de 2015

Colleita de lembranzas

Percorro o teu corpo có sotaque que me sabe a abeloura e a herba luísa. A choiva golpéame con suavidade, o silencio espido humedece a miña boca.

Un calafrío.

Horas de distancia resumidos nos escasos segundos que dura un quérote cos ollos fehados. Horas, días, meses ou anos. Unha vida sen ti é un espello crebado.

Unha nota afastada rompe a noite.

Rumores de esprego. Veráns insculpidos á sombra dunha árbore. Sempre foi o teu alento de millo...

... e o teu tacto de terra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario