martes, 4 de agosto de 2015

Exilios

A tristura reaparece cando cae a tarde. É como a calor diste lugar: pegañenta e húmida. Aliméntase do meu silencio e estreméceme. 
Sempre tiven as miñas razóns; ela tamén.
Non podo renderme. Agora non.
Espero ao autobús nunha rúa baleira. A calor deste lugar é como a choiva: vaite calando.
Esta tristura é a forza do meu pobo: pegañenta e húmida, vaite calando até os ósos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario