martes, 8 de xullo de 2014

Lembranzas

Recordo dun verán, randeeiras de árbores e soños de infancia. Unha casiña de plástico negro que coidaba de nós mentres salvabamos bolboretas das garras crueis das arañas. Inocencia.

Tiña soños nos que viaxaba directa cara a ese mundo que me protexía, escapando da cidade atafegante. Unha cidade que era como unha desas arañas, redes viscosas que me cortaban as ás.

Crecín entre dous mundos e escapar deles foi a única posibilidade que atopei de sobrevivir. E aquí estou, contándoche as razóns polas que volvo a ti, a terra na que aínda vive a miña candidez. Quero volver pousar as miñas mans no teu chan e tocar as miñas raíces.

Unha nova páxina aberta sobre o río Miño, con sabor a castañas e a cor dos carballos, os bidueiros e os fentos…

Os teus sons, os meus soños.

(Adicado a persoa a quen lle roubei a foto -a randeeira da miña infancia, coa neve que eu nunca vin-)

Ningún comentario:

Publicar un comentario