martes, 8 de xullo de 2014

Pandereteiro da memoria

Un mural de pedra e brión, con resaibo a terra e a colleita, esperábame cando me levantaba da cama e recollía o meu vaso de leite recentemente ordeñada para sentarme a escoitar como ensaiabas coas primeiras luces da mañá. Non lembro un só día no que o son da pandereita non me espertase. Ti, sempre metódico, facíala soar coa elegancia de quen se recrea en cada un dos compases musicáis. Todas as cantigas das nosas avoas dábanse cita nas túas bonecas. Un mundo de música e cor percorríame as costas. E aínda hoxe, sorrío ao ritmo dunha riveirana cando imaxínoche fronte ao noso carballo coa historia na man, sentíndoa e recreándoa. Eras sabedoría enxebre. Por cada golpe de boneca, un sentimento debuxado na memoria colectiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario