martes, 8 de setembro de 2015

Hestorias dos soños (1) A descoberta

Soplos de magia, Angie Vanessita.
Pode ser que soñara contigo, mais non era a primeira volta. Sempre fuches ti, mentras eu te buscaba niles. Agochabas o teu corpo pra non facerme dano. Non sempre foi así. Nalgún momento descobrías a túa cara nos meus desvelos, nunca quixen mirarte aos ollos porque sabía quen eras. 

Lúas e lúas desfacendo tempestades sen chegar a tocalas túas mans. Baleira de tactos e caricias.

É curioso como nos soños todo é moito máis sinxelo: só tiña que deixarme levar naqueles corpos incompletos pra que apareceras ti. Muller de area, sopro de maxia.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario